viernes, 24 de abril de 2009

ENTREVISTA ÓS ACTORES DE "LAS TRIPAS DEL TEATRO"

O día 28 de outubro de 2008, os alumnos do IES Carlos Casares, tivemos o pracer de asistir ó teatro “Los Alisianos” de Ourense, para ver a obra titulada Las tripas del teatro, do grupo “Balcón de la calle de la luna”.
Os actores desta obra chámanse Pepa García, Javier García Ceballos e Joan Guitart, residentes en Madrid e Barcelona. Adaptación e dirección: Domingo Lo Giudice.
Ó final da obra tivemos uns minutos para falar con eles. Aquí amosamos algunhas das preguntas que lle formulamos.
Cales foron os vosos inicios no teatro?
Joan cóntanos que todo comezou na súa infancia, cando ós sete anos asistiu a unha obra de Chaplin, e dende entón quedou namorado da beleza do teatro. Javier tamén se achegou na infancia, e con quince anos coñeceu a Joan. No ano 91 este arriscouse no teatro e dous anos máis tarde foi a Arxentina. Por outro lado Pepa comezou sobre os 5 ou 6 anos en grupos de afeccionados, facendo animación de rúa.
Para chegar a ser os bos actores que son, estes estudaron arte dramático e, sobre todo, leron moitos libros.

Para o teatro: nacer ou formarse?
Hai xente que nace cun talento natural pero aínda así e necesaria unha formación e unha técnica ben depurada.

Que preferides: o teatro ou o cine? Que estilos?
Os tres prefiren o teatro, principalmente pola intimidade do sentimento. No teatro e necesario ter unha maior expresividade, vocalización en canto ó volume, entonación… para chegar a tódolos espectadores dende a primeira á última fila, mentres que no cine a expresión é máis interior, o sentimento é moito máis cohibido.
En canto ós estilos, Joan cóntanos que como director a súa preferencia diríxese cara ó drama, pero como actor escolle a traxicomedia ou comedia dependendo do seu estado de ánimo. Por outra banda, a Javier gústalle a traxedia.

Para unha obra de teatro é necesario ter unha boa relación de equipo?
Necesítase ser compatibles; o compañeirismo é moi importante para esta profesión, xa que é moi fermoso saber traballar en equipo para poder desfrutar máis da obra e facer que os demais desfruten dela .

Como definiriades o teatro e como compaxinades a vida persoal e laboral con este?
Para eles o teatro, máis que un traballo, é un estilo de vida, é facer arte. Dinnos que non é irreconciliable coa vida. E que é duro, pero é mais pesado o traballo. Un actor é un gran observador da vida.
Joan facía teatro mentres exercía como contable, por isto nos cita anteriormente que é duro, posto que co teatro non podes cubrir as túas necesidades; non sempre está dispoñible unha obra, como para vivir do teatro. Compaxinar a vida persoal co teatro é difícil pero existen outros traballos que teñen a mesma dureza. Ó fin e ó cabo é un traballo máis.

Cantas horas de adicación empregades nas obras, e en concreto nesta?
O primeiro é poñer a obra en pé, e para isto empréganse aproximadamente seis meses. Unha vez feito isto empréganse máis horas co vestiario que cos ensaios. Nos ensaios empréganse vinte días aproximadamente.

Cando naceu “Balcón de la calle de la luna”?
No ano 1992 con esta mesma obra, Las tripas del teatro.

De onde procedo o nome do grupo?
"Balcón de la calle de la Luna" procede do balcón da Calle da Lúa, onde se atopaba a súa sede.

Por Andrea e Estela, de 4º ESO B.